sexta-feira, 6 de setembro de 2013

Segunda edición d'O caderno vermello



Hoxe chegaron os exemplares que me enviou a editorial correspondentes á segunda impresión d'O caderno vermello.
Nunha entrada anterior compartín convosco unha crítica que apareceu n'A Nosa Terra e noutra entrada informábavos de que fora seleccionado como un dos mellores libros publicados en 2008-2009.
Alegroume moito recibir esta noticia da reimpresión dun libro do que espero de corazón que os lectores gocen e se emocionen tanto como gocei e me emocionei eu escribíndoo.
Beizóns.

Sem comentários:

Enviar um comentário