quarta-feira, 29 de maio de 2013

"A Torre das Lavercas" no blog do IES A Guía


Andrea é unha nena que de pequena viviu nunha casa chamada A Torre das Lavercas pero mudouse sen saber por que. Agora vive na cidade e pásanlle cousas moi raras como que volve A Torre das Lavercas e colle o armario que estaba no seu cuarto cando vivía alí. Levouse unha gran sorpresa ao darse conta de que o armario falaba. Tamén se xunta cunhas nenas chamadas as princesas coas que lle pasarán cousas moi estrañas, e descubrirá as moitas cousas que sucederon na Torre das Lavercas cando ela vivía alí.

Comentario da lectura: A min o libro gustoume moito porque crea intriga e mestura feitos reais e feitos irreais e máxicos.

Cualificación da experiencia lectora:10




[Opinión dunha lectora, que aparece no blog do alumnado do IES A Guía]

Sem comentários:

Enviar um comentário