segunda-feira, 12 de novembro de 2012

"A Torre das Lavercas" no Plan Lector do CPI Dr. López Suárez

A Torre das Lavercas foi incluído no Plan Lector do CPI Dr. López Suárez de Friol, Lugo.

O texto no que fan referencia a este libro é o seguinte:


A Torre das Lavercas

Iniciamos esta primeira semana do mes de novembro o "Plan lector"do noso centro. Todos nós iniciamos, ou continuamos, a lectura dalgún libro.
Esta semana, despois de ter gozado da súa lectura, déixovos un pequeno encadre deste libro que tredes á vosa disposición na Biblioteca de Aula.
A Torre das Lavercas é un libro escrito por Daniel Ameixeiro -- autor ben coñecido por obras como Bonifacio foi a palacio  eXan e Pericán, e ilustrado cunhas sinxelas e á vez acougantes ilustracións de Irene Fra.
A Torre das Lavercas era unha casa cunha grande cheminea na que vivira os primeiros anos da súa vida, Andrea -- a protagonista da historia--.
Agora trasladárase cos seus pais á cidade onde todo sería novo para ela, agás a súa vella amiga Helena.
As lembranzas da antiga casa obrígana a visitar novamente á Torre das Lavercas, na que recuperará para o seu cuarto un pequeno e inquietante espello que a axudará a deixar a nenez para convertirse nunha nova persoa, a través de diferentes situacións, ás veces ben comprometidas, que lle permitirán situarse e entender moitas cousas que antes eran verdadeiros enigmas.
Un bonito relato cheo de misterio que non se descobre ata chegar ao final.
Lectura máis que recomendable.



Sem comentários:

Enviar um comentário