terça-feira, 11 de setembro de 2012

Crítica d'A Torre das Lavercas en Brabádegos

No portal de literatura infantil e xuvenil Brabádegos apareceu a seguinte crítica d'A Torre das Lavercas:

Daniel Ameixeiro artella unha novela que engancha, dinámica, áxil, que ten coma protagonista unha rapariga audaz e perseverante, profundamente curiosa e intelixente, que intenta atoparse a si mesma entre os recordos do pasado e a nova realidade. Andrea, que así se chama a protagonista atopa un misterioso anel, unhas cordenadas e unha voz estraña que procede dun espello. Esta máis que recomendable novela para os nosos mozos, conxuga moi ben o discurso máxico e o misterio coa vida cotiá dunha adolescente e os seus problemas. O instituto e a vida cos pais van confluír e todo parecerá unha situación desas que non teñen solución. Ao fin e ao cabo a vida de calquera mozote é vista sempre coma un drama e as situacións vívense coa paixón que ás veces esquecemos os maiores. Todo na voz dunha rapariga coa que empatizaremos desde o inicio. As ilustracións de Irene Fra rematan unha novela máis que interesante para mandar ler na escola ou na casa. 



Sem comentários:

Enviar um comentário