quarta-feira, 27 de junho de 2012

"A Torre das Lavercas" incluído na guía de lectura das bibliotecas do Concello de Oleiros


A Torre das Lavercas foi incluído na guía de lectura do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros.


Na introdución dísenos:

Ofrecemos esta guía de lectura con recomendacións de obras que emocionan, divirten, entreteñen, informan, instrúen ou fan pensar; que invitan a coñecer mellor a nosa culutra ou outras diferentes; bos libros para ler, analizar ou mirar.

Coido que non se pode expresar mellor a importancia da lectura, o moito que nos aporta.


Tamén se inclúe esta fermosa frase de Álvaro Cunqueiro. Fermosa e certa:

Necesitamos beber soños como quen precisa beber auga.

Sem comentários:

Enviar um comentário