terça-feira, 15 de fevereiro de 2011

Segunda edición de "El capitán de la bahía"


Foi en febreiro de 2010 cando me chegaron os exemplares da segunda edición de El capitán de la bahía, a tradución para o castelán d' O capitán da baía. Unha gran alegría, como é lóxico, porque introducirse no mercado do libro en castelán non é nada fácil (hai máis lectores, é certo, pero tamén unha competencia impresionante, son moitísimos os libros que se editan en castelán).
Esta boa noticia engádese á fermosísima crítica deste libro aparecida en CLIJ, e á recomendación que fixo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, que en xuño de 2006 elixiu El capitán de la bahía como un dos catro libros recomendados para o segundo ciclo de primaria.

Sem comentários:

Enviar um comentário