terça-feira, 15 de fevereiro de 2011

"Piratas, bruxas e outros amigos", incluído na "Mochila viaxeira" e recomendado para o 2º ciclo de primaria


Neste enlace explícase en qué consiste a "Mochila viaxeira":

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar ...

E dentro desa mochila viaxeira vai Piratas, bruxas e outros amigos.


Ademais de estar incluído nesa fermosa mochila, os colexios CEIP Eduardo Pondal e o CEIP Juan Fernández Latorre tamén recomendaron Piratas, bruxas e outros amigos para o segundo ciclo de primaria.

Sem comentários:

Enviar um comentário