terça-feira, 15 de fevereiro de 2011

"O caderno vermello" recomendado como agasallo para o Nadal 2010








O caderno vermello foi recomendado como lectura e agasallo para o Nadal 2010 polos IES de As Mariñas e o IES de Salvaterra de Miño.





É unha gran alegría que os libros sexan valorados e aprezados polos lectores e por toda esa xente (bibliotecarios, mestres) que pulan para que os rapaces e rapazas arrequezan o seu mundo a través desas fermosas viaxes (moi fermosas) que son os libros.

E a alegría é aínda maior porque este libro é moi especial, puxen moito nel, quixen transmitir un proceso de maduración nun rapaz adolescente. É un libro no que hai intriga, hai humor, e tamén (sobre todo) hai aprendizaxe. Porque na vida, unha das cousas máis importantes, é aprender. Aprender sempre.

Sem comentários:

Enviar um comentário