terça-feira, 15 de fevereiro de 2011

"O caderno vermello", entre os mellores libros de 2008-2009



Novela de iniciación, de paso dunha a outra idade. O protagonista, un rapaz de trece anos, queda só mentres os pais realizan unha viaxe. Ten tempo para coñecer novos amigos, para descubrir o primeiro amor, para tomar decisións e facerse cargo das súas responsabilidades. Quince días para reflexionar acerca da vida, das cousas que lle están a pasar e das relacións persoais. O caderno vermello son os seus comentarios acerca deses días; pero dentro del está outro caderno vermello: a bitácora do capitán Blood, coas fantasías que comparte co avó e nas que aparecen muitos personaxes interesantes.

[Comentario sobre O caderno vermello feito por Pilar Sampedro Martínez, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)en:Libros escogidos de Literatura Infantil y Juvenil (3 – 15 años) 2008 - 2009 da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.]

[A selección d'O caderno vermello como un dos mellores libros xuvenís publicados en 2008-2009 é unha alegría ben grande, non xa por min (que tamén, claro) senón sobre todo polo protagonista (un rapaz moi sensible, con moi bo corazón, e que ao principio do libro anda bastante perdido) e tamén por Helena (unha rapaza moi espontánea e moi botada para adiante) e por Míster Pick, un personaxe que é un misterio que temos que ir descubrindo (certamente, hai moitas cousas que non quere dicir, e por algo será ...), e polo avó (a relación do protagonista con el é o eixo que fai que moitas cousas cambien/melloren), e (cómo non!) polas aventuras do capitán pirata Benjamin B. Blood!
Seino (porque os coñezo) que han de estar ben contentiños! ]

Sem comentários:

Enviar um comentário