terça-feira, 18 de janeiro de 2011

"El capitán de la bahía" nun clube de lectura


A biblioteca Ana María Matute do concello de Caudete (Albacete) incluíu El capitán de la bahía como un dos libros a ler nos clubes de lectura da octava temporada (curso 2009/2010) .

Os libros seleccionados nesa temporada para os tres clubes infantís, foron os seguintes:

1.El Grúfalo. Julia Donaldson
2.El monstruo peludo. Henriette Bichonnier
3.Ramón enamorado. Marisa López Soria
4.Matriuska. Dimiter Inkiow,
5.La bruja Mon. Pilar Mateos
6.El capitán de la bahía. Daniel Ameixeiro
7.Los árboles blancos. Gracia Iñiguez
8.El vampiro del torreón. Josep Lorman
9.Ben quiere a Anna. Peter Härtling
10.Se busca chico. Marisa López Soria
11.Billy Elliot. Melvin Burgess

É unha gran alegría que un libro forme parte dun clube de lectura, e neste caso aínda é maior por estar ao carón de libros preciosos como Ben quiere a Ana, de Peter Härtling, e de Pilar Mateos, unha das escritoras que me engaiolou cando comecei a mergullarme neste fermosísimo mundo da literatura infantil.

Sem comentários:

Enviar um comentário