quinta-feira, 25 de março de 2010

Personaxes de conto [Rede Lectura]




Piratas, bruxas e outros amigos
de Daniel Ameixeiro, con ilustracións de Federico Fernández, publicado por Galaxia na colección Árbore.
No estilo ao que o autor nos ten acostumados e lembrando un tanto aquela fermosa historia de Xan e Pericán. Neste caso, reúnense varios relatos rimados nos que o xogo e o nonsense se fan protagonistas, todo adobado cun certo humor e unhas areas poéticas.
E deso vai, de piratas, bruxas, princesas e outros personaxes de conto, todo ese repertorio de oficios que andan pola tradición dun imaxinario que sigue dando voltas polas cabeciñas. Agora xa recreándoas, inverténdoas, obrigándoas a vivir noutros tempos nos que as cousas non son o que eran.
Dous creadores, imaxe e palabra, ao servizo dunha obra que dá para ler.

[Esta crítica, co título Personaxes de conto, apareceu en Rede Lectura o 18/02/08. ]

Sem comentários:

Enviar um comentário