segunda-feira, 25 de janeiro de 2010

"Vila Cerdeira", entre os mellores libros de 2005-2006


A pequena localidade de Vila Cereira, o seu espacio físico e os seus habitantes, é o protagonista coral deste relato, no que se entretecen as vidas duns personaxes, o seu presente e o seu pasado e tamén os seus desexos de futuro. Unha voz que se dirixe a un suposto interlocutor vainos dando a coñecer o día a día dos habitantes da vila, seres reais que aman, sofren e soñan, xunto con outros que están de paso e outros máis que soamente son vivas presencias na lembranza. Mesmo aparecen personaxes das vellas lendas, que tamén forman parte do espírito colectivo da comunidade. O ambiente que se crea ten trazos de realismo máxico, cunha mestura entre realidade e fantasía. A linguaxe empregada é un elemento moi importante no relato, unha linguaxe que lle presta á obra un ton marcadamente poético e que utiliza recursos da lírica e da oralidade.

[Este comentario sobre Vila Cerdeira, feito por María Jesús Fernández Fernández, GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), aparece en: “Libros escogidos de Literatura Infantil (12 – 15 años) 2005 - 2006” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.]

Sem comentários:

Enviar um comentário