segunda-feira, 25 de janeiro de 2010

Piratas, bruxas e outros amigos, entre os mellores libros de 2007-2008



Piratas, bruxas, princesas e demais compañeiros de fatigas entoan cancións ou recitan poemas nesta obra que se caracteriza pola utilización dunha linguaxe que parodia os lugares comúns e que desplaza o plano da recepción cara a niveis máis profundos de sensibilidade nos que entran en funcionamento varios rexistros de humor: lúdico, absurdo ... A renuncia á rima consoante, o emprego de paralelismos, onomatopeas, repeticións, ou xogos de palabras, cos que elabora imaxes, testemuñan que Ameixeiro amosa un estilo que encerra un respecto total polo difícil arte do verso cómico infantil.  


[Este comentario sobre Piratas, bruxas e outros amigos aparece en: “Libros escogidos de Literatura Infantil (3 – 15 años) 2007 - 2008” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez]

Sem comentários:

Enviar um comentário