segunda-feira, 30 de janeiro de 2017

"A Torre das Lavercas" no blog "O bosque dos libros"


Nesta entrada do blog O bosque dos libros aparece o seguinte comentario de Aroa Casas sobre A Torre das Lavercas:



       A TORRE DAS LAVERCAS
AUTOR > DANIEL AMEIXEIRO
Andrea é unha nena que vivia na " Torre das Lavercas", foise da cidade a os 6 anos, e agora que ten 13 vai volver a esa mesma cidade. Pero non a torre, descubrirá un fantástico amigo novo, e intentara averiguar porque se foi de alí fai 7 anos.
Gustoume moito o conto, a parte que máis me gustou foi cando Andre foi a festa de aniversario de Francesca.





quarta-feira, 6 de maio de 2015

"A tenda de antigüidades" na celebración do Día do Libro 2015

A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro 

Onte 23 de abril, Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal  converteuse nun estudio de radio.


Este ano, e xa é a quinta vez que se leva a cabo, o programa de radio "A Biblioteca nas ondas: especial Día do Libro" presentou unha peculiaridade xa que os protagonistas foron os máis pequenos.

Atendendo a todo o que pasaba ó seu redor

Un total de 23 nenos e nenas de 3º de Primaria dos colexios Alfonso VII, A Encarnación e San Fermín participaron nesta actividade en compañía das súas profesoras.
 



Julia, Mario e Aitana, do colexio Alfonso VII, nun momento da súa intervención. Leron un capítulo de Aventuras de Picofino.








Do colexio A Encarnación, Antía leu un parágrafo de A tenda de antigüidades de Daniel Ameixeiro.







Yohanne e Alexia, do colexio San Fermín, trouxéronnos Alicia en el País de las Maravillas.






Os seus compañeiros leron lendas e fábulas, poemas, algúns de creación propia, resumo das súas obras preferidas, etc.

GRAZAS RAPACES ESTIVESTES FANTÁSTICOS!!




As profesoras Rocío, Loli, Josefa e Rosario fixeron as súas aportacións sobre o seu traballo na aula en relación coa animación á lectura.
Grazas a todas polo súa colaboración!


 
Por suposto Manu e Estela de Radio Caldas colaborando con nós neste día tan especial.
Grazas polo voso entusiasmo!
O álbum completo coas fotos da actividade estará proximamente na páxina web do concello.



[Velaquí o enlace a esta noticia, copiada do blogue da Biblioteca municipal "P. M. Martínez Ferro" de Caldas de Reis, e publicada o venres 24 de abril de 2015]

terça-feira, 5 de maio de 2015

"Piratas, bruxas e outros amigos" e "O capitán da baía"









No artigo "O humor na literatura infantil e xuvenil galega" de María Jesús Fernández, aparecido no número 1 da revista "Criaturas", coméntase:




Humor, fantasía e “nonsense” son os ingredientes que tamén utiliza con acerto Daniel Ameixeiro, tanto en verso, Piratas, bruxas e outros amigos, como en prosa no seu delicioso O capitán da baía.



sexta-feira, 6 de setembro de 2013

Segunda edición d'O caderno vermello



Hoxe chegaron os exemplares que me enviou a editorial correspondentes á segunda impresión d'O caderno vermello.
Nunha entrada anterior compartín convosco unha crítica que apareceu n'A Nosa Terra e noutra entrada informábavos de que fora seleccionado como un dos mellores libros publicados en 2008-2009.
Alegroume moito recibir esta noticia da reimpresión dun libro do que espero de corazón que os lectores gocen e se emocionen tanto como gocei e me emocionei eu escribíndoo.
Beizóns.

domingo, 23 de junho de 2013

Alumn@s de 6º recomendan "A Torre das Lavercas"


Alumn@s de 6º do CEIP Barrié de la Maza, de Santa Comba, recomendan "A Torre das Lavercas". Velaquí o mural que fixeron:

terça-feira, 18 de junho de 2013

"A Torre das Lavercas" recomendado como lectura para o verán 2013




"A Torre das Lavercas" foi recomendado como lectura para o verán 2013 para o 3º Ciclo de Educación Primaria polo CEIP de Arteixo e polo CEIP Ponte dos Brozos.


quarta-feira, 29 de maio de 2013

"A Torre das Lavercas" no blog do IES A Guía


Andrea é unha nena que de pequena viviu nunha casa chamada A Torre das Lavercas pero mudouse sen saber por que. Agora vive na cidade e pásanlle cousas moi raras como que volve A Torre das Lavercas e colle o armario que estaba no seu cuarto cando vivía alí. Levouse unha gran sorpresa ao darse conta de que o armario falaba. Tamén se xunta cunhas nenas chamadas as princesas coas que lle pasarán cousas moi estrañas, e descubrirá as moitas cousas que sucederon na Torre das Lavercas cando ela vivía alí.

Comentario da lectura: A min o libro gustoume moito porque crea intriga e mestura feitos reais e feitos irreais e máxicos.

Cualificación da experiencia lectora:10




[Opinión dunha lectora, que aparece no blog do alumnado do IES A Guía]